Saltar ao contido

Ailurops melanotis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ailurops melanotis
Cuscús ursino das Talaud
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Familia: Phalangeridae
Subfamilia: Ailuropinae
Xénero: Ailurops
Especie: A. melanotis
Nome binomial
Ailurops melanotis
(Thomas, 1898)
Área de dispersión de Ailurops melanotis
Área de dispersión de Ailurops melanotis

Área de dispersión de Ailurops melanotis

Ailurops melanotis é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos falanxéridos e subfamilia dos ailuropinos[2][3], unha das dúas que integran o xénero Ailurops, o único da subfamilia.[4][5]

Coñecido desde hai xa tempo, fora clasificado como unha forma de Ailurops ursinus. Pero recentemente foi recoñecido como unha especie, despois de que os científicos levasen a cabo unha nova análise morfolóxica do seu holotipo, e comparando cunha fotografía tirada na natureza que revela diferenzas distintas no tamaño e na coloración da capa.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Ailurus melanotis ten unha lonxitude de cabeza e tronco duns 60 cm e pesa uns 10 kg. O seu repoludo e robusto corpo está cuberto por unha grosa manto de lá de cor gris cinza. Os seus grandes e arredondados ollos de cor verde oliva aparecen rodeados por un anel amarelo, as orellas son pequenas e a súa longa cola prénsil danlle unha aparencia moi similar á dun mono. O terzo final da cola está desprovista de pelo, estando cuberta por unha pel escamosa, o que facilita a súa función de agarre.[6]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Coñécese pouco sobre a ecoloxía desta especie. A dieta do cuscús das Talaud consiste fundamentalmente en follas, sementes e froitos. Porén, a súa dentición non especializada tamén lle permite o consumo esporádico de pequenos vertebrados e ovos de aves.[6]

Pasan a maior parte do seu tempo nas árbores, aínda que ás veces baixan ao solo. Son nocturnos e pasan o día descansando en ocos das árbores. Móvense lentamente e emiten un cheiro almiscrado cando senten alarma.[6]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

O cuscús ursino das Talaud está unicamente presente na illa indonesia de Sangihe (a illa máis grande do arquipélago homónimo, de 700 km² de superficie) e na de Salibabu (unha das illas Talaud, de menos de 100 km² de superficie). Porén, crese que a poboación residente en Sangihe, coñecida só por un espécime fotografado recentemente, pertenza ao cuscús ursino común (A. ursinus), o seu parente máis difundido, xa que Sangihe está separada das Talaud por un profundo brazo de mar e está moito máis próxima a Célebes.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1898 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Novitates Zoologicae 5: 2, baixo o nome de Phalanger melanotis.[7] Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Ailurus.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

O cuscús ursino das Talaud é un dos mamíferos máis raros do mundo. A finais dos anos 1990 varios científicos visitaron as illas Sangihee Salibabu, pero non puideron avistar nin sequera un exemplar en estado salvaxe. Só lograron encontrar un individuo en catividade en Sangihe. Porén, cómpre sinalar que a estancia dos estudosos en Salibabu durou só uns poucos días. A especie, cualificada poa UICN como CR (especie en estado crítico), está ameazada pola caza e a deforestación: a cuberta vexetal de Sangihe, cobre a día de hoxe tan só 8 km².[1][8]

  1. 1,0 1,1 1,2 Flannery, T. & Helgen, K. (2008): Ailurops melanotis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 28-05-2016.
  2. 2,0 2,1 Ailurops melanotis en MSW.
  3. Ailurops melanotis (Thomas, 1898) no ITIS.
  4. Ailurops en MSW.
  5. Ailurops Wagler, 1830 no ITIS.
  6. 6,0 6,1 6,2 Talaud Bear Cuscus (Ailurops melanotis) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en EDGE (Evolutionary Distinct and Globally Endangered), Zoological Society of London.
  7. Phalanger melanotis sp. nov. en Novitates Zoologicae.
  8. Riley, J. (2002).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]